ANDREA CONTANDO EN FORNELOS


ANDREA CONTA UN CONTO

Mércores, 27 de abril de 2016

This slideshow requires JavaScript.

Andrea é mestra de Infantil en Pías. É tamén xogadora de balonmán. Veu contar o conto de “Tío Lobo”, que contaba a historia dunha nena que se chamaba Carmela e que era moi larpeira. A mestra invitou a toda a escola a comer chulas. Ela ficou durmida no baño. Foi a casa chorando. A nai díxolle que ía preparar unhas chulas e mandoulle á casa do tío Lobo a por unha tixola. Petou na porta e chamou polo tío Lobo, que se estaba a vestir. Tío Lobo deulle a tixola e a cambio pediu unha ducia de chulas, unha bola de pan de millo e unha botella de viño. A nai preparou todo e díxolle logo a Carmela que o levara a tío Lobo. Polo camiño Carmela comeu todo e bebeu o viño. Matinou e topou unha solución. Fixo con bosta de burro, auga sucia e cemento os alimentos que lle tiña que levar. Tiña medo. Petou e tío Lobo estaba outra volta a vestirse. Logo o tío Lobo probou e deuse de conta de que non era de verdade e díxolle a Carmela que ía papala esa noite. Carmela volveu a casa chorando e tremendo de medo e díxollo á nai. Ela atrancou toda a casa, pero esqueceu a cheminea. Á noite Carmela meteuse na cama e escoitouse unha voz primeiro fóra da casa, logo, no teito e despois na cheminea. Máis tarde na corredor, no cuarto de Carmela. E…zas!papouna. Iso é o que lle pasa ás nenas larpeiras.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Escola Fornelos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s