Debuxos animados en Galego na túa App


Rapaces!!

Este verán estamos de sorte!! Accedendo a este enlace teredes todas as series e debuxos que queirades! E o mellor de todo, en galego!!

TODOS OS DEBUXOS DA GALEGA

 

Debuxos
  • A Lexión de Superheroes

    A Lexión de Superheroes

    A Lexión de Superheroes céntrase nas aventuras dun novo Superman no século 31 que combate xunto cun grupo de superheroes, coñecidos como a Lexión dos superheroes. Un grupo de adolescentes do século 31 viaxa ao pasado para contratar a Superman na súa loita contra o mal.

  • King Kong

    King Kong

    Nesta serie King Kong chéganos en formato de debuxos animados e nela coñece a familia Bond con quen corre numerosas aventuras loitando contra monstros, robots, científicos loucos e outros perigos.

  • O inspector Gadget

    O inspector Gadget

    Serie de debuxos animados sobre as aventuras dun detective ciborg, o inspector Gadget, un humano dotado con variados gadgets biónicos implantados no seu corpo logo de ter un accidente. A súa antítese é o doutor Gang, o líder dunha organización de malevos, coñecida como “MAD”. Estaba orixinalmente dobrada en inglés e francés, na versión galega os personaxes reciben o seu nome da versión francesa.

  • Goomer

    Goomer

     Goomer -o terrícola- e o seu robot Marcus chegan na súa nave, A Galiña Milenaria, ao planeta Mox, onde a nai de Goomer, a computadora máis lista do universo, detectara indicios de vida. En Mox recíbenos os alieníxenas, personaxes moi peculiares e cun xeito de vida semellante ao dos terrícolas.

  • Xabarín Club
  • A familia Robinson (Debuxos)

    A familia Robinson (Debuxos)

    A Familia Robinson é unha serie de debuxos animados de producción xaponesa. Os Robinson viven en Berna, Suíza. É unha familia tradicional e tranquila ata que un día lles chega unha carta que lles vai cambiar a vida.

  • Os contos da mosca

    Os contos da mosca

    Os contos da mosca é unha serie infantil de debuxos animados. A protagonista é unha mosca inusual con zapatos marróns e con aspecto de neno roñón.

  • Doraemon

    Doraemon

    Doraemon comeza cando na vida de Nobita, un rapaz feble que usa lentes e estuda cuarto curso, aparece un gato azul sen orellas que sae do seu escritorio e lle come o almorzo. Este gato Doraemon é un robot-gato de rúa moi tenro, antiviolento, intelixente, simpático e con poderes especiais.

  • Don gato

    Don gato

    Don Gato é o líder dunha pandilla de gatos de Manhattan composta por Panza, Espanta, Benito B. Bodoque, Demóstenes, e Cucho, que andan a escapar do oficial Matute, que intenta metelos na cadea.

  • Don dracula (Debuxos)

    Don dracula (Debuxos)

     

    Don Drácula é unha serie de animación realizada a partir dun cómic manga que leva o mesmo título. Drácula está no Xapón vivindo con súa filla Chocola e o criado Igor. O profesor Van Helsing chega ao país para destruílo.

     

  • Cazapantasmas

    Cazapantasmas

    Os Cazapantasmas é unha serie de animación baseada na película “Cazapantasmas”, un éxito dos anos 80. Coma na película, Tres parasicólogos da Universidade Columbia de Nova York comezan o seu negocio traballando como cazapantasmas e investigando fenómenos paranormais.

  • O carteiro Pat (Debuxos)

    O carteiro Pat (Debuxos)

    Pat Clifton é o carteiro rural da vila de Greendale nunha fermosa rexion ao norte de Inglaterra; está inspirada no val de Lonfsleddale. O carteiro Pat percorre vales e outeiros levando non só a correspondencia senón un sorriso, unha broma ou os comentarios da vida cotiá das xentes do val.

  • Capitán planeta

    Capitán planeta

    Capitán Planeta é unha serie de carácter ecoloxista, creada por Ted Turner co obxecto de concienciar dos cambios que sofre a Terra a causa da contaminación. Gaia, o espírito da Terra, ante a imposibilidade de loitar contra as forzas do mal, encarnadas unhas veces en homes ávidos de poder, outras en criaturas que fan mal por pracer, entrega cinco aneis máxicos a cinco rapaces

  • Batman

    Batman

    Batman é un superheroe que é o protector da cidade Gótica: defende os inocentes e mételle o medo no corazón da xente de mal vivir.

  • A máscara

    A máscara

    O protagonista de A Máscara é Stanley, un contable novo que traballa nun banco pero de cando en vez transfórmase nun superheroe cos poderes que lle proporciona -a máscara-. Utilízaa para facer o ben e perseguir malfeitores. Peggy, a súa amiga xornalista, é a única que coñece o seu segredo e sempre anda tras del para conseguir as súas reportaxes.

  • A banda de Ovidio

    A banda de Ovidio

    A Banda de Ovidio é unha serie infantil de debuxos animados realizada no Canadá que narra as aventuras de Ovidio, un parrulo churrusqueiro, e maila súa banda de amigos. Todos eles están caracterizados como animais simpáticos que viven as súas divertidas aventuras nunha illa do Pacífico.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cra. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s