CELEBRAMOS O NADAL NO CRA


A pesar da situación COVID fixemos unha celebración moi especial no CRA na que participamos todos!

No Nadal  nalgunhas aulas o alumnado enviou postais e felicitacións ás familias e, noutras celebraron o amigo invisible.

E, noutras, co programa de realidade aumentada Quiver decoraron debuxos do Nadal!

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é img_20201217_113319.jpg

Nas aulas elaboráronse adornos para decorar nos distintos locais do Concello e, as familias prepararon arranxos navideños para decorar tanto o interior coma o exterior da aula con adornos con material de refugallo incluíndo algúns algunha palabra de felicitación en galego propia destas datas.

Deseño dun mantel con mensaxe en galego e, merenda de comidas propias da época do ano de xeito individualizado.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é aula-demai.marzanei2020.1mantel.jpg

Deseño dunha carta dos Reis para os nenos do CRA que o alumnado redactou e decorou para entregar ao paxe que veu recoller as cartas polas aulas (o mestre de música disfrazado, Efraín) e, co que cantaron a panxoliña “Xa me tardan estes magos” que preparan para este día con el.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é img_20201218_112523.jpg
Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é img_20201221_100134.jpg

Neste curso non puidemos convidar ao centro ao Apalpador por mor do Covid-19, pero para compensar desde Biblioteca prepararon un agasallo para todos!

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é img_20201217_112653.jpg

E, para finalizar a coordinadora de A. Extraescolares e o mestre de música prepararon un vídeo co baile dunha panxoliña e, outro coas campadas de fin de ano, para todas as aulas do CRA

Esta entrada foi publicada en Cra. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s