LETRASGALEGAS 2021: XELA ARIAS!


AS LETRAS GALEGAS 2021

Hoxe 17 de Maio estamos de festa das nosas LETRAS! Celebramos o día das LETRAS GALEGAS!! Este ano cunha muller, XELA ARIAS! a quinta muller á que se dedica este día tan especial para a nosa literatura desde que se conmemora este día desde a publicación de Cantares Gallegos da nosa grande Rosalía de Castro!!

 Xela Arias Castaño (1962 Sarria- 2003 Vigo) foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia. e, como mestra entre outros no IES A SANGRIÑA de A Guarda!

Fixo traducións ao galego de obras como “Drácula” de Bram Stoker, “As bruxas” de Roald Dahl, “O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor” de Jorge Amado, “Contos ao teléfono” de Gianni Rodari, entre outros autores. 

Tamén é autora de moitas publicacións entre elas unha das mais coñecidas é “Darío a Diario” ou “Tigres coma cabalos”

 Desde os 11 anos xa destacou nas letras gañando o primeiro premio VI Concurso de Contos Infantís O Facho, da Coruña, co conto titulado

      “A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia”

Premendo no enlace anterior poderás saber mais cousas sobre o nome de Xela Arias!

E, premendo no seguinte enlace irás ao Genially que nosa compañeira Cristina do EDLG preparou para aprender moitas cousas sobre Xela Arias

Esperamos que vos guste!!

E… hai premio para a aula!! Siii é un “Abecedario ilustrado” d editorial onde comezara Xela Arias a traballar de ben moza!!

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cra. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s