As nosas particulares “ORDES DO MECO” neste curso Covid






As nosas particulares “ORDES DO MECO” neste curso Covid
A PAZ trabállase ao longo de todo o curso, pero para conmemorar este día dun xeito especial, no CRA elaboramos nosas receitas!
Estamos a traballar as emocións e… sabemos que non queremos guerras! Transmite emocións que non nos gustan nada! Foi a nosa conclusión despois de ler o libro : “OS NENOS NON QUEREN A GUERRA”
Qué contén para tí a PAZ?
Cada un ten a súa propia receita! Velaquí a de cada unha das nosas aulas!
Preparamos as nosas receitas da Paz para compartir con todos! Escollede a que mais se axeite a vós!
A pesar da situación COVID fixemos unha celebración moi especial no CRA na que participamos todos!
No Nadal nalgunhas aulas o alumnado enviou postais e felicitacións ás familias e, noutras celebraron o amigo invisible.
E, noutras, co programa de realidade aumentada Quiver decoraron debuxos do Nadal!
Nas aulas elaboráronse adornos para decorar nos distintos locais do Concello e, as familias prepararon arranxos navideños para decorar tanto o interior coma o exterior da aula con adornos con material de refugallo incluíndo algúns algunha palabra de felicitación en galego propia destas datas.
Deseño dun mantel con mensaxe en galego e, merenda de comidas propias da época do ano de xeito individualizado.
Deseño dunha carta dos Reis para os nenos do CRA que o alumnado redactou e decorou para entregar ao paxe que veu recoller as cartas polas aulas (o mestre de música disfrazado, Efraín) e, co que cantaron a panxoliña “Xa me tardan estes magos” que preparan para este día con el.
Neste curso non puidemos convidar ao centro ao Apalpador por mor do Covid-19, pero para compensar desde Biblioteca prepararon un agasallo para todos!
E, para finalizar a coordinadora de A. Extraescolares e o mestre de música prepararon un vídeo co baile dunha panxoliña e, outro coas campadas de fin de ano, para todas as aulas do CRA
Este ano dun xeito totalmente distinto ao que estabamos acostumados todos xuntos, na escola de Fornelos.
A causa da pandemia, tivemos que celebrar a festa do MAGOSTO cada escola na súa aula, facendo actividades diferentes con castañas (números, letras, decoracións) e aproveitando que traballamos as emocións para facerlle cariñas; de xogos populares un buscatesouro no patio, onde por aulas o alumnado tiña que descubrir onde se escondían as castañas….
Nalgunha aula atrevéronse a asar castañas no patio ao final da xornada!!
A pesar da nova normalidade que nos marca distanciamento entre nós, inda foi un día ben divertido!
E… para ter algo en común, entre todas as aulas elaboramos murais con refráns en galego!
Velaquí o resultado
O MEDO XA NON NOS DA MEDO!!!
Como xa feremos ao longo deste curso; as propostas e ideas para celebrar diferentes festas e conmemoracións, levaranse a cabo nas nosas propias aulas e cos grupos de traballo establecidos na mesma 🙂
Así, algunhas das ideas de traballo que tivemos para o SAMAÍN foron:
FIXEMOS CONXUROS…
DEBUXAMOS NOSOS MEDOS….
PARA LOGO TIRALOS!
E, como tódolos anos; vimos disfrazados, facemosunha exposición das cabazas decoradas na casa coas nosas familias, temos a aula decorada e preparada para a ocasión, papamos unha merenda terrórifica!!!
Ademais das fotos que tedes enlazadas, queremos compartir un vídeo que recolle e resume o día tan emocionante que pasamos!!!
BENVIDOS A TODOS E A TODAS!!!
XA ESTAMOS DE VOLTA NAS NOSAS AULAS!!! ESTA “NOVA NORMALIDADE” NON IMPEDIRÁ QUE SIGAMOS PROPONDO E FACENDO MULTITUDE DE ACTIVIDADES, MANUALIDADES, OU QUE CELEBREMOS FESTIVIDADES OU CONMEMORACIÓNS!!…
SEN DÚBIDA O COVID NON PERMITIRÁ QUE POIDAMOS VOLVER A NORMALIDADE QUE CONOCÍAMOS ANTES: CON APERTAS E ACHUCHÓNS, DESPOIS DE TANTO TEMPO SEN VERNOS…
PERO TEMOS QUE ADAPTARNOS A NOVA REALIDADE QUE NOS TOCOU VIVIR… E, O BUFO FICH DA MAN DO EDLG E DO EQUIPO DE BIBLIO DO CRA DANOS A BENVIDA AO COLE CON UNHA SORPRESIÑA PARA TODOS E TODAS!
VELAQUÍ UN FERMOSO CONTO QUE NOS AXUDARÁ NESTE COMEZO DE CURSO ATÍPICO:
XA SABEDES… SEMPRE CUMPRINDO COAS MEDIDAS SANITARIAS E DE SEGURIDADE!!!
No C.R.A. María Zambrano continuamos a traballar a pesar do confinamento nas nosas casas o 13 de marzo por causa do Covid 19!!
Velaquí está a nova edición da Revista escolar do “Bufo Fich”, con todos os traballiños realizados ao longo do curso 2019-2020!!
Xa é a edición Nº11!
Podedes vela pinchando sobre o enlace!!
Esperamos que vos guste! É unha actividade anual do E.D.L.G. que se elaborou, con todo cariño, entre toda a comunidade educativa do CRA, pois ademais de colaborar todos os grupos ou equipos de traballo, Biblioteca, TICS, EXTRAESCOLARES, DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN…. tamén participou todo o alumnado e familias da ANPA do noso centro educativo!
A todos e todas queremos desexar un moi feliz e merecido descanso no verán e, dar as GRAZAS por ter participado neste proxecto que resume o mais importante que aconteceu no ano académico 2019-2020!
Ola! Son Bea, a mestra de Reli.
Deixo un enlace co meu vídeo-carta de despedida do Curso 2019-2020!
Que teñades un marabilloso verán alumnado e familias do CRA María Zambrano, de O Rosal!
Os 23 RETOS CRAOLÍMPICOS: Esta proposta nace da nosa mascota o “BUFO FICH”,
xa que está moi orgulloso de cada un de vós durante este confinamento!!
Así, como sabe que sodes uns fantásticos deportistas e vos gustan os RETOS;
vos trae ao longo destas semanas diferentes propostas para divertirnos xuntos
pero estando todos na casa!!