Improvisando


Tiñamos moitas ganas de cantar no cole de Pías, e aproveitamos que Lidia trouxera a cámara, para gravar as nosas actuacións

Publicado en Escola Pías, Música | Deixar un comentario

Familias de plastilina


Veu ao cole un amigo da profe Ana, que se chama Nelson, e que viaxou por todo o mundo, e contounos diversos contos sobre a diversidade de familias coas que nos podemos atopar, e coas que el mesmo se atopou nas súas viaxes: Dous papás, dúas mamás, nenos adoptados, nenos con pais separados…

Interesounos moito, e gravámolo para poder ensinarllo a todos

Tamén nos trouxo un xogo: un “comecocos” con debuxos de familias diversas, para que poidamos inventar a historia da familia que nos toque. Deixounos un en cada escola, para xogar entre nós, e cos nosos profes

Publicado en Cra | Deixar un comentario

UN VIOLINISTA NA NOSA ESCOLA


UN VIOLINISTA NA NOSA ESCOLA

Xoves, 24 de maio de 20112

Chegaron ás 10 e media Lidia, a profe de música e Héctor, un profesor de violín do conservatorio da Guarda. Sentámonos no chan. Héctor ensinounos como se chamaba cada parte do violín:efes, arco, vitola…O arco ten cordas feitas cos pelos do cabalo. Mostrounos como se coloca o violín para que soe ben e teñamos unha postura cómoda. Explicounos que o arco ten unha parte que soa agudo e outra grave. O violín era de madeira. Hai diferentes xeitos de tocar: O pizzicato, que é cos dedos, o trevo,…despois sacou outro violín que era eléctrico. Faltáballe a caixa de resonancia, porque xa estaba enchufado a un altofalante. Imitaba diferentes sons: guitarra eléctrica, pato, batería, barco. Gaivota, mar. Tiña unha pedaleta que servía para pór os diferentes sons, con máis ou menos volume e que tiña algo para deixar gravados os sons. Tocou cancións de películas, cos sons: “A guerra das galaxias”, “A bela e a besta”, “Titanic”. Despedímonos, logo de aplaudirlle e darlle as grazas. Eran as 11 e 20.

This slideshow requires JavaScript.

Publicado en Escola Fornelos | Deixar un comentario

O CORRELINGUA


O CORRELINGUA

Mércores, 16 de maio de 2012

Fomos andando ás 10 e media, por parellas: Pablo Vicente e Esteban, Carla e Alejandro Martínez, Arantxa e Pablo Álvarez, Lucía Villa e Noa, Alejandro Castro e Leire, Breixo e Daniel, Martín e Sabela, Paula e Lucas, Ainara e Valeria, Andrea e Sheila, María e Lucía Alfaya, Daniela e David, Rubén e Óscar, Xan e Iago, Brian e Jairo, Hugo e Borja. Chegamos ao Calvario e xogamos no parque, os de infantil merendaron. Logo sentámonos na praza. Estaban as escolas do C.R.A. e logo chegou o alumnado da Mata. Comezou o Correlingua. Dúas mozas falaban do galego. Logo Daniela recitou unha poesía de Valentín Paz Andrade. Despois cantou un grupo da escola de Novás. Logo cantamos a canción de “ Podes falar en galego”. Máis tarde actuaron os do circo “Escarranchado”. Un deles deulle un bico a Moncho na fronte. Facían malabares con bolas e pelotas. Sacaron a un home que se chamaba Goyo e déronlle unha piruleta. Despois volvemos andando á escola, todos os de Primaria e Óscar e David de infantil. Os demais marcharon coas súas familias.

This slideshow requires JavaScript.

Publicado en Escola Fornelos | Deixar un comentario

EXCURSIÓN A BUEU E MARÍN


EXCURSIÓN A BUEU E MARÍN

Xoves, 10 de maio de 2012

Chegamos á escola ás 9 menos dez. O autobús chegou ás 9 e dez. Metemos as mochilas. Estaban os nenos e nenas das escolas de Marzán e Novás. Tamén Elías, de Educación Física e Ana, a profesora de Inglés. Íamos por parellas: Daniela e María, Brian e Xan, Alejandro Castro e Hugo, Breixo e Martín, Pablo Vicente e Pablo Álvarez, Noa e Ainara, Andrea e Paula e Rubén con Raúl, un neno de Novás, que foi compañeiro del.
Logo montaron os nenos e nenas da escola de Pías, con Manolo, o seu mestre. Chegamos á estación de tren de Vigo. Alí estaba Helena, a mestra de Marzán. Na estación Helena explicounos o taboleiro onde aparecen os trens que saen e chegan. Logo montamos no tren. Miramos un tren verde que era de mercadorías, tamén guindastres, que son grúas. Miramos un camión- tren. Vimos a ría de Vigo. No tren había mesas abatibles, para pór a comida e a bebida. As portas de dentro do tren abrían poñendo a man. Vimos un barco. Outro tren, vermello, en marcha. Chegamos a Pontevedra. Montamos no autobús. Fomos a Bueu, ao cabo Udra. Camiñamos ata a aula de natureza. Había unha monitora que se chamaba Soraya. Pasamos por un sitio onde había morcegos e había que estar en silencio. Había ponis e cabalos. Na aula da natureza Soraya explicounos as aves, as plantas e os animais mariños da zona. Dixo que antes era un campamento militar. Vimos onde estaban os canóns e o posto de mando. Paseamos. Comemos. Moncho comprounos un xeado. Montamos no autobús para Marín.
Ao chegarmos puxéronnos os arneses, que tiñan mosquetóns e polea. Dividímonos en dous grupos: nós fomos cos de Novás e con Ana. O monitor chamábase Raúl. Explicounos como se colocaban os mosquetóns e a polea. Os mosquetóns hai que colocalos enfadados, un nun sentido e o outro no contrario. A polea é para lanzarnos pola tirolina. Fixemos todo o circuíto. Logo merendamos e marchamos. Chegamos á escola ás 10 da noite.

This slideshow requires JavaScript.

Publicado en Escola Fornelos | Deixar un comentario

EXCURSIÓN EN SUÍZA


Aquí tedes o enlace para ver as últimas novas que chegan dende Suíza, un documento onde poderedes ver as fantásticas excursións que se poden facer onde viven a mamá e o papá de Zara e Mara. Unha vez máis dámoslle as grazas polo seu esforzo e colaboración!!! unha aperta de todos e todas!

NUESTRAS%20EXCURSIONES%20I[1]

Publicado en Escola Couso | Deixar un comentario

Un violinista no Cole!!!!


Héctor, que é profesor de violín no conservatorio de A Guarda, veu ata as escolas de primaria a explicarnos como se tocaba o violín, que partes tiña, que tipos distintos de violíns había e como soaban… os nenos estiveron moi atentos e quedaron sorprendidos coas posibilidades deste instrumento. A ver se algún se apunta, e, nuns aniños, toca tan ben coma el. Graciñas, Héctor!!

Publicado en Música | Deixar un comentario