Para facer o camiño… velaquí o noso calendario!!


Podedes descargar o arquivo para ver as súas páxinas mes a mes no enlace !!
Esperamos que vos guste!!

Para facer o camiño… velaquí o noso calendario!!
Podedes descargar o arquivo para ver as súas páxinas mes a mes no enlace !!
Esperamos que vos guste!!
En colaboración co Concello de O Rosal… e con óculos cor violeta… queremos analizar moitas mensaxes da nosa lingua … que ás veces resultan violentos e pouco promotores da IGUALDADE ENTRE AS PERSOAS!!
Nesta ocasión dispuxemos do escornabot nas aulas para aprender Valores na nosa ruta polo Xacobeo 2021-2022!!
Velaquí este exemplo en E.I. na escola de Couso!
Porque… todos os días son para traballar a Igualdade!!
Quixemos conmemorar deste xeito o 25 N 2021!!
Podedes descargar aquí o libro:
Velaquí algunha mostra das actividades que resultaron!!
Aprendimos moito co protagonista desta historia, pero tamén que todos os días son 25 N
Benvidos de novo!!
Preparados para o inicio deste novo curso 2021-2022!!
Con moitos proxectos e ilusións nas nosas mochilas e moitas cousiñas que aprender!
Xa estamos na escola preparando todo para ter todo listo o día 9!
Contamos con vós!
O Bufo Fich
Un ano mais… si! Pero moi diferente a todos os anteriores, pois este curso estivo marcado polas normas Covid que a todos nos tocou vivir e que moi especialmente o peques asumiron tan ben!
Pero aquí ven a nosa Revista Escolar cargadiña de mais novas das que cando comezamos en Setembro imaxinamos!
E, ademais, este sen dúbida foi un curso de Emocións! Pero… velaquí vos deixamos a revista do EDLG coa que colaboran todos os mestres/as e alumnado, equipos e grupos de traballo do CRA e, as familias a través da ANPA.
https://issuu.com/cramariazambrano
Na revista deste ano reservamos un anaquiño para despedir a nosa compañeira Rocío de Tabagón, que estivo con nós desde setembro de 2017, un cariño que lle achegamos con todo respecto desde os nosos corazóns
Quedamos sen palabras! … ata aquí este curso!
AS LETRAS GALEGAS 2021
Hoxe 17 de Maio estamos de festa das nosas LETRAS! Celebramos o día das LETRAS GALEGAS!! Este ano cunha muller, XELA ARIAS! a quinta muller á que se dedica este día tan especial para a nosa literatura desde que se conmemora este día desde a publicación de Cantares Gallegos da nosa grande Rosalía de Castro!!
Xela Arias Castaño (1962 Sarria- 2003 Vigo) foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia. e, como mestra entre outros no IES A SANGRIÑA de A Guarda!
Fixo traducións ao galego de obras como “Drácula” de Bram Stoker, “As bruxas” de Roald Dahl, “O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor” de Jorge Amado, “Contos ao teléfono” de Gianni Rodari, entre outros autores.
Tamén é autora de moitas publicacións entre elas unha das mais coñecidas é “Darío a Diario” ou “Tigres coma cabalos”
Desde os 11 anos xa destacou nas letras gañando o primeiro premio VI Concurso de Contos Infantís O Facho, da Coruña, co conto titulado
“A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia”
Premendo no enlace anterior poderás saber mais cousas sobre o nome de Xela Arias!
E, premendo no seguinte enlace irás ao Genially que nosa compañeira Cristina do EDLG preparou para aprender moitas cousas sobre Xela Arias
E… hai premio para a aula!! Siii é un “Abecedario ilustrado” d editorial onde comezara Xela Arias a traballar de ben moza!!
O 17 DE MAIO CELEBRAMOS A FESTA DAS NOSAS LETRAS COA POLIFACÉTICA XELA ARIAS!!
Que Xela Arias fose unha muller polifacética significa que era moi boa en distintas áreas! Co Genially aprendemos que Xela ademais de escritora foi mestra, e… traballou moi cerquiña do noso CRA no IES A Sangriña, na Guarda!! Tamén foi traductora de libros de distintos idiomas ao galego…. de feito ese foi o seu primeiro traballo, na Editorial Xerais!
Tamén compartimos aquí os traballiños que fixemos no CRA sobre esta autora!
Velaquí un exemplo de 3 aulas: Pías Primaria, Couso E.I, e Novás Primaria:
Tamén traballamos con distintas actividades que nos ofrecía o Seminariogalán: http://seminariogalan.org/
Este ano o día das Letras Galegas estará dedicado a Xela Arias. Unha muller de letras galegas desde ben nena!
A escritora Yolanda Castaño nos presenta a vida de Xela Arias no seguinte vídeo, veredes cantas cousas ides descubrir de Xela. Moi atentiños!
Neste curso ademáis de aprender moitas cousas sobre Rosalía deseñamoslle vestidiños de época!
Para facer esta actividade participamos co concello todos os centros educativos de O Rosal: A Galescola, o CPI Suárez Marquier e nós, os nenos e nenas do CRA
Velaquí o resultado dos nosos traballiños que se repartiron por todos os locais e comercios de O Rosal! Ata no Concello estiveron expostos!