O ROTEIRO MARÍTIMO GUARDÉS


Martes, 28 de febrero de 2012

Saímos ás 10 e media nos coches da nai de Paula, Marisa, no que ían ela, Daniela, Pablo Vicente, Hugo e María. No da nai de Andrea, Ana Vanesa, no que ían ela, Alejandro Martínez e Pablo Álvarez. No coche da nai de Breixo, Encarna, no que ían el, Brian e Martín. No coche da nai de Noa, Susana, no que ían ela, Rubén e Alejandro Castro. No coche da tía de Xan e Ainara, Ioli, no que ían os dous e Moncho.

Chegamos ao porto da Guarda. Xa estaban os nenos e nenas das escolas de Marzán, Novás e Pías. Andamos polo paseo. Vimos una dentadura de quenlla, una caracola, que en galego é buguina, mexillóns, cunchas. Paramos e vimos una cetaria, onde criaban antes lagostas e lumbrigantes. Pasamos por una depuradora. Tamén por una zona onde había moitas pedras redondas, que se chaman seixos. O lugar é o Seixal. Collemos lixo que metemos en bolsas que traía Moncho. Paramos a merendar. Xogamos un pouco e seguimos. Había cabalos, gaivotas e un horto. Tamén una lagarta. Chegamos á praia do Puntal. Vimos coma o río Miño entra no mar. Martín e o seu pai cazaron hai tempo alí un corvo. Xogamos na praia e marchamos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Esta entrada foi publicada en Escola Fornelos. Ligazón permanente.

Deixar un comentario