TEATRO EN VIGO


TEATRO EN VIGO
Luns, 5 de marzo de 2012
Saímos en autobús ás 10. O condutor era o pai de Daniela, Ángel. Xa estaban os nenos e nenas das escolas de Marzán e Novás. Sentámonos por parellas: Pablo Vicente e Hugo, Ainara e Daniela, Breixo e Martín, Alejandro Castro e Xan, Brian e Andrea, Pablo Álvarez e Alejandro Martínez, Rubén e Noa, Paula e María. Logo montaron os nenos e nenas de Pías. No autobús xogamos con Moncho ás cartas imaxinarias e ao ping-pong imaxinario. Vimos unha película de cisnes, pero non a escoitabamos polo ruído que había no autobús. Pasamos pola casa dos curmáns de Hugo, en Tomiño. Vimos un desguace. Chegamos a Vigo. Merendamos na Alameda. Paseamos ata o porto. Vimos barcos e o mar moi sucio. Fomos ao teatro. A obra era “A pantasma do palco”. Era de risa. Tocaban instrumentos e diferentes pezas musicais. Había un que era moi parvo, ía de amarelo. O da tuba soproulle á pantasma, coma se fose unha pistola. Os músicos tocaban arredor dun palacete, que tiña un palco. O que ía de amarelo deulle un mando á pantasma, que parecía un semáforo. Rematou a obra e logo marchamos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Esta entrada foi publicada en Escola Fornelos. Ligazón permanente.

Deixar un comentario